ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Galicia

O paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes acada na ZIP os seus valores máis altos ao longo do período 2013-2016 e a partir dese ano o indicador é superior na ZDP. Por tanto, non presenta unha relación directa co grao de urbanización.

No período 2013-2019 o indicador redúcese notablemente en todas as zonas, nas que se acada o seu valor mínimo neste período. No ano 2020 o indicador aumenta nas tres zonas de urbanización debido a pandemia do coronavirus. No ano 2023, o indicador diminúe nas tres zonas de urbanización. Así, no ano 2023 o paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes experimentou unha diminución interanual do 9,8%, 11,3% e 12,7% na ZDP, ZIP e ZPP, respectivamente.

 

2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Total 85,4 72,8 60,3 52,4 48,3 43,2 39,8 45,8 33,5 28,5 25,4
ZDP 81,2 72,0 60,0 53,0 50,2 47,2 43,6 49,8 34,9 28,7 25,9
ZIP 89,5 75,4 62,2 53,6 48,4 42,4 38,7 45,3 33,7 29,3 26,0
ZPP 84,9 70,1 57,6 49,4 45,1 38,0 35,4 39,8 30,6 26,7 23,3


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia

 
Ao considerar os datos do paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes nas seis subzonas de urbanización obsérvase como no ano 2023 o valor máis alto acádase na ZIP alta (26,7 persoas paradas menores de 25 anos por 1.000 hab.) e os máis baixos na ZPP baixa (22,1 persoas paradas menores de 25 anos por cada 1.000 habitantes). Parece que non existe unha relación directa entre este indicador e o subgrao de urbanización.
 
Por outra parte, os datos do indicador segundo o sexo amosan que a incidencia do paro rexistrado entre os menores de 25 anos é similar nas mulleres que nos homes.

 

Total Homes Mulleres
Total 25,4 25,3 25,3
ZDP 25,9 25,9 25,8
ZIP alta 26,7 25,9 27,5
ZIP baixa 23,3 23,2 23,1
ZPP alta 24,1 24,6 23,5
ZPP intermedia 24,9 25,6 22,8
ZPP baixa 22,1 23,2 20,6


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes:
É o cociente entre as persoas menores de 25 anos inscritas nas oficinas públicas de emprego como parados e a poboación de 16 a 24 anos, expresado en tanto por mil.

Paro rexistrado:
Este concepto, establecido na Orden ministerial do 11 de marzo de 1985, está constituído polo total de demandas en alta existentes a fin de mes, excluíndo, entre outras, as que correspondan ás seguintes situacións:

A posta en marcha do novo Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego (SISPE) en maio de 2005 produce unha ruptura da serie de paro rexistrado que se viña publicando ata o momento. A implantación deste novo sistema afecta a estimación do paro rexistrado, non porque cambie a definición, senón pola actualización e xestión automatizada da información e porque se corrixiron os erros que se viñan cometendo con certos colectivos.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, Consellería de Traballo e Benestar. Informe do paro rexistrado e información subministrada directamente